Nas primeiras entradas do blog, concretamente na da convocatoria, tedes os enderezos electrónicos dos compoñentes da comisión.
Empezade a bombardearnos con fotos, tanto da cea como das que teñades daqueles tempos(lembrade as saídas, celebracións, o "desfile", a Festa do Gorro,...), lembranzas ou comentarios.
Estamos á espera das vosas aportacións!
Veña, mandade xa!!!
Non vos esquenzades de pasar a todas e todos os que non poideron vir o enderezo do blog.
Quero agradecer á organización a ilusión e o esforzo por xuntarnos a todos e todas de novo. Creo que pagou a pena porque foi moi entrañable e divertido. Non esperemos 25 anos para repetir!!
ResponderEliminarUnha aperta afectuosa dende Cangas.
Ana Castro
Unha sorpresa super--grata ver como 25 anos despois seguimos sendo "máis cachondos" que canda andabamos por aqueles lúgubres pasillos da escola de maxisterio.
ResponderEliminarNoraboa aos organizadores. Estou desexando ve las fotos.
Biquiños.Rosa Varela