sábado, 8 de enero de 2011

Un agasallo de Felisa

A nosa Felisa enviunos un agasallo por estas datas, aínda que cun pouco de retraso, aí o tendes para disfrutalo:

Arbol_de_Navidad

domingo, 26 de diciembre de 2010

Reportaxe fotográfico da cea

Xa non era sen tempo, eh?
Aquí tendes, por fin, as fotos que sacou o fotógrafo (mellor dito, unha selección delas) nesa "noite máxica" que pasamos xa hai algúns meses.

Felicitación de nadal

Como xa veríades no voso correo, aquí tendes esa felicitación que espero vos guste.

miércoles, 21 de abril de 2010

Enderezos electrónicos

O día da cea, ante a solicitude dalgúns compañeiros e compañeiras, propúxose anotar voluntariamente os enderezos electrónicos para poder ter máis facilidade de comunicarnos entre nós.
Aquí tedes a lista.
Por suposto que quen queira engadirse ou correxir algo, pode facelo poñéndose en contacto con calquera dos da comisión.
Unha forte aperta.

ENDEREZOS ELECTRÓNICOS Promoción Maxisterio

martes, 20 de abril de 2010

domingo, 18 de abril de 2010

FOTOS DA CEA

ESTAS SON ALGUNHAS DAS FOTOS FEITAS O VENRES O DÍA DA CEA.

¡QUE CARA DE FELICIDADE AMOSAMOS TODAS E TODOS!


sábado, 17 de abril de 2010

E agora tócavos a vós

Iso, que agora tedes que colaborar todas e todos para que este blog teña aínda máis "peso".
Nas primeiras entradas do blog, concretamente na da convocatoria, tedes os enderezos electrónicos dos compoñentes da comisión.
Empezade a bombardearnos con fotos, tanto da cea como das que teñades daqueles tempos(lembrade as saídas, celebracións, o "desfile", a Festa do Gorro,...), lembranzas ou comentarios.
Estamos á espera das vosas aportacións!
Veña, mandade xa!!!
Non vos esquenzades de pasar a todas e todos os que non poideron vir o enderezo do blog.